O grupo de corda Entre trastes presenta o seu novo disco Umami no Teatro Afundación de Vigo

Ofrecerán un concerto o vindeiro sábado 22 de febreiro a partir das 21.00 h
Publicado por o día 13/02/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

O grupo de corda Entre trastes presenta o seu novo disco Umami no Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará un concerto a cargo do grupo Entre trastes na cidade de Vigo. A agrupación de instrumentos de corda estará no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo o vindeiro sábado 22 de febreiro, a partir das 21.00 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Neste recital presentarán o seu último disco, Umami, un traballo gravado en directo no concerto que ofreceu o grupo na gala de entrega dos XVIII Premios Opinión da Música de Raíz no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.