O grupo de En Marea no Congreso amosou todo o seu apoio “sen condicións” á moción de censura para retirar do Goberno a un partido corrupto

“Temos a obriga democrática de rematar co Goberno dun partido cuestionado no plano xudicial, social e vinculado coa corrupción”, asegurou o voceiro no Congreso.
Publicado por o día 26/05/2018 na sección de En Marea,Política

O grupo de En Marea no Congreso amosou todo o seu apoio “sen condicións” á moción de censura para retirar do Goberno a un partido corrupto

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, amosou este sábado “todo o apoio e os votos de En Marea para retirar do Goberno a un mandatario corrupto e a un presidente do Executivo que non ten credibilidade e que mentiu en sede xudicial”.

Fernán Vello insistiu en que temos “a obriga democrática de rematar co Goberno dun partido cuestionado no plano xudicial, social e vinculado coa corrupción”.

O Partido Popular, como se desmostrou, “financiouse de xeito ilegal case durante 20 anos”.

“É unha práctica criminal. Facemos un exercicio de altura política, estamos diante da necesidade de contribuir á rexeneración democrática e institucional”, insistiu o deputado.

O voceiro lembrou tamén como o pasado ano, o Grupo Confederal presentou unha moción porque consideraba que “había que sanear a democracia”.

“Estamos coa cidadanía que sente unha enorme indignación e vergoña ante o espectáculo lamentable que se deriva da sentenza xudicial do caso Gürtel e de tantos outros, por iso damos o noso apoio sen paliativos a esta moción de censura”, asegurou

Fernán Vello tamén matizou que desde En Marea estaremos atentas ao programa do PSOE, mais “estamos por unha política de apoio ás maioría sociais”.

“Nós estamos pola derogación da reforma laboral, da Lei mordaza, por abrir o debate sobre o modelo de Estado e apostar pola plurinacionalidade. Estamos coa cidadanía e loitaremos por sacar do Goberno a un partido corrupto”, concluiu.