O grupo de gaitas do Centro Galego de Barcelona leva a música de Galicia a Mallorca

A formación da entidade actuou onte no Concerto de cornamusas organizado en Llucmajor por Xeremiers de Sa Marina no marco das Feiras da localidade.
Publicado por o día 06/10/2019 na sección de Cultura

O grupo de gaitas do Centro Galego de Barcelona leva a música de Galicia a Mallorca

O grupo de gaitas do Centro Galego de Barcelona levou onte a música tradicional de Galicia a Mallorca, concretamente á localidade de Llucmajor. A formación gaiteira da entidade actuou no Concerto de Cornamusas organizado nesa cidade mallorquina polo grupo Xeremiers de Sa Marina no marco das Feiras de Llucmajor.

Respondendo á invitación do citado grupo mallorquino, a participación do grupo de gaitas do Centro Galego enmarcouse na axenda de actuacións que a formación, ao igual que o coro e o grupo de baile, desenvolven ao longo do ano fóra da entidade en  distintas citas e lugares como forma de promocionar a música galega.

O concertó contou tamén coa participación do grupo Andecha pol Raigañu, do Centro Asturiano de Barcelona, o búlgaro Boyan Mitkov e maila propia agrupación organizadora. Xeremiers de Sa Marina é un grupo e escola de xeremíes –instrumento da familia das cornamusas típico de Baleares- e outros instrumentos tradicionais. As Feiras de Llucmajor celébranse cada ano desde finais de setembro e ata medidados de outubro e constitúen un importante encontro cultural que inclúe concertos, mercados, obradoiros, exposicións e outras actividades lúdicas e populares.

Comentar noticia

Your email address will not be published.