O Grupo DIA pide aos seus clientes que adquirisen o lote de atún en aceite de xirasol de 900 gramos fabricado por Frinsa 19/154 023 con data de caducidade decembro de 2022, que devolvan o produto na súa tenda máis próxima.
Dito lote de atún fabricado por Frinsa foi retirado xa o 10 de agosto de todas as tendas por iniciativa de DIA e de forma preventiva, tras o aviso dunha posible contaminación por parte
das autoridades sanitarias coas que DIA estivo en permanente contacto. Con data de hoxe, a compañía recibiu por parte da Axencia de Seguridade Alimentaria (AECOSAN) a confirmación da presenza de toxina botulínica na análise dunha única lata, polo que a compañía procede a solicitar a devolución do devandito lote do produto aos seus clientes. Ademais, de forma proactiva, DIA vai contactar cos clientes susceptibles de adquirir este produto utilizando todas as canles que sexan necesarios.
A compañía tamén pon ao dispor dos clientes un teléfono para calquera dúbida que poidan ter a través do Servizo de Atención ao Cliente no número 91.217. 04.53 que estará dispoñible 24 horas ao día.
DIA lamenta profundamente os inconvenientes que puidese causar aos seus clientes e avanza que seguirá mantendo os máis altos estándares de esixencia na calidade e seguridade alimentaria en todos os seus procesos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.