O grupo dono de Alcampo reforza o seu investimento en Vigo cun hotel de 24 habitacións

O novo establecemento hostaleiro será operado pola innovadora cadea Bcool Hostel.
Por o 12/08/2019 | Sección: Galicia,Vigo
O grupo dono de Alcampo reforza o seu investimento en Vigo cun hotel de 24 habitacións
Compartir en:
En España, a compañía conta con 30 centros comerciais, dous deles en Vigo (o de Coia foi un dos primeiros abertos no país, en 1981), que teñen unha taxa de ocupación do 98 % e rexistraron 137 millóns de visitantes o pasado ano, segundo datos do grupo. No ano 2017, os centros de Ceetrus España facturaron 53 millóns de euros. O 25 % deste negocio está en Galicia, onde emprega a 1.200 persoas.
 
Ceetrus, a división inmobiliaria do grupo francés Auchan (e dono dos hipermercados Alcampo) redobra a súa aposta por Vigo coa construción de hotel de 24 habitacións. A promotora, que constrúe o centro comercial Vialia, na nova estación de Urzaiz, elixiu un emprazamento estratéxico para este novo establecemento: un inmoble de pedra de cinco alturas, que se levanta na confluencia entre as rúas Urzaiz e Vázquez Varela, fronte á muro da estación Vigo-Urzaiz.
 
A obra de reconstrución e adaptación do antigo edificio do “Supermercado Estación” á actividade hostaleira conta coa participación da construtora galega Civis Global, e a entrega está prevista para finais deste ano.
 
Con este proxecto, Ceetrus eleva o seu investimento na cidade a preto de 100 millóns de euros, xa que a este novo servizo de aloxamento, hai que sumar os 83 millóns de euros que a división inmobiliaria de Alcampo están a executar na construción da obra deseñada polo arquitecto Thom Mayne, con 120.000 metros cadrados de superficie bruta alquilable e cuxa apertura está prevista para finais do ano 2020.
 
A nivel mundial, Ceetrus, que adoptou esta nova marca o pasado mes de xuño en lugar de Inmochan, prevé investir máis de 3.100 millóns de euros ata en 2021 na apertura ou ampliación dun total de 80 novos centros, que sumarán unha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.