O grupo industrias auxiliares acredoras de Barreras construíron hoxe unha sociedade mercantil

O grupo de 32 empresas da industria auxiliar acredoras de Barreiras, coordinado pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), formalizou hoxe a constitución dunha sociedade mercantil.
Publicado por o día 08/11/2019 na sección de Galicia,Naval,Vigo

O grupo industrias auxiliares acredoras de Barreras construíron hoxe unha sociedade mercantil

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e o Grupo de Industria Auxiliar que coordina ás principais empresas que traballan no estaleiro Barreras reuníronse hoxe na sede de Asime en Vigo para abordar a situación actual e constituír unha sociedade mercantil.

A maioría de empresas que conforman o grupo asinaron a súa entrada nesta sociedade, constituída como Unión de Industrias Navais Ría de Vigo S.L. O Consello de Administración desta sociedade está constituído por:

 Ingeniería Montajes Norte, SA (IMSA)
 Pipeworks, SL
 Cedval Marine Solutions, SL
 Irontec, Industria Naval SA
 Carpintería Amoedo, SL (Nauteka)
 Montajes Cancelas SL
 Montajes Hermanos Ramallo SL
 Secretario no consejero –Alberto Rocha

Alberto Rocha, letrado asesor do grupo de industria auxiliar, explicou: “A sociedade ten como principal obxectivo contar cunha entidade con personalidade xurídica propia, que sirva para formalizar os acordos que se están negociando, en relación coa entrada das empresas auxiliares no capital de HIJOS DE J. BARRERAS SA, ben sexa por compra ou por subscrición de accións, a cambio dunha parte dos seus dereitos de crédito”

Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, declarou: “O obxectivo fundamental é adquirir participación no consello de administración, entrar no capital social do estaleiro e posteriormente finalizar os proxectos contratados polo mesmo”.

“O que queremos é unha solución, e esta que ofrecemos permitiría por unha banda ter uns accionistas con coñecemento total da construción que se está levando a cabo, e por outro capitalizar débeda que agora mesmo é moi alta e pode xerar unha grave crise na industria galega.”, engadiu Enrique Mallón.

Así mesmo, Enrique Mallón valorou positivamente as liñas de financiamento anunciadas onte pola Xunta de Galicia para a industria auxiliar: “É un instrumento absolutamente necesario e adecuado. Agora debemos tenta que sexa áxil e que dea resposta inmediata ás necesidades de financiamento e contención da débeda contraída coa industria auxiliar”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.