O grupo municipal da Marea de Vigo non asistirá a toma de posesión do novo delegado de Zona Franca por continuar coa exclusión do grupo municipal no Pleno do Consorcio

Marea de Vigo segue a considerar que é un uso absolutamente antidemocrático da maioría absoluta por parte do PSOE vigués o feito de que dos seis membros que elixe o Concello de Vigo (un nato que é alcalde e cinco que elixe o Pleno) sexan todos exclusivamente do PSOE, feito inédito na historia da democracia.
Publicado por o día 17/07/2018 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

O grupo municipal da Marea de Vigo non asistirá a toma de posesión do novo delegado de Zona Franca por continuar coa exclusión do grupo municipal no Pleno do Consorcio

O grupo municipal da Marea de Vigo, como xa ten expresado, non considera unha boa nova a recente elección do delegado para o ente público, especialmente no tocante a falla de talante democrático, xa que, para a Marea de Vigo, “o Pleno da Zona Franca corre o perigo de converterse definitivamente nunha ‘sucursal’ do goberno de Abel Caballero, instalándose as mesmas prácticas nesta importante administración pública”.

En 2015 a Marea de Vigo foi excluída do Pleno do Consorcio argumentando o cambio normativo aprobado polo Partido Popular ligado á Lei de Racionalidade e Sostibilidade das Administracións Locais RD 27/2013 na que a representatividade do Pleno era substituída pola representatividade da Xunta de Goberno e alcaldía deixando neles o criterio de incluír na proposta de vogais aos grupos presentes no Pleno do Concello. Mentres noutras Zonas Francas no conxunto do Estado se lle outorgou representación a grupos como o da Marea de Vigo, no caso de Vigo o alcalde decidiu, amarrándose a unha Lei do Partido Popular, que soamente representantes do seu partido, o PSOE, ocuparan esas vacantes, nun claro exercicio de falta de democracia.

Marea de Vigo seguirá a defender un modelo para Zona Franca que pense metropolitanamente, que non perda o seu carácter de motor da industria e tecido empresarial da comarca, con órganos plurais e con diálogo permanente con todas as administracións do Estado.

Una respuesta para "O grupo municipal da Marea de Vigo non asistirá a toma de posesión do novo delegado de Zona Franca por continuar coa exclusión do grupo municipal no Pleno do Consorcio"

  1. Gamela   18/07/2018 at 10:21

    Marea de Vigo seguerá a defender os seus garabanzos como leva facendo dende hai tres anos, sen contar coa cidadanía e bloqueando as contas de twitter que son críticas coa súa NULA oposición a quen leva once anos facendo de Vigo a súa leira particular…

    O que non saben aínda é que son eles (os tres da marea!) son a mellor sucursal de Abel en Vigo! Taponando calquera alternativa real para o futuro de Vigo e permitindo que Abel siga a manipular todo canto toca… (pianos de cola)

    https://www.noticiasvigo.es/opinion-por-vigo-denuncia-pasaron-once-anos-dende-que-abel-tomou-posesion-como-alcalde-de-vigo/