O grupo municipal da Marea de Vigo reclama ao goberno de Abel Caballero o plan de seguridade do carril bici

Rubén Pérez: “Dito plan ten que ser previo ao proxecto de obra polo que a súa inexistencia constituiría unha grave irregularidade. Solicitámolo hai un mes e aínda non tivemos resposta, esperamos que non sexa porque efectivamente non existe, xa que suporía un grave incumprimento legal”.
Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

O grupo municipal da Marea de Vigo reclama ao goberno de Abel Caballero o plan de seguridade do carril bici

“O carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola DGT para este tipo de viais, mais a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas polas que transita, supón un serio risco para as persoas usuarias, viandantes e condutoras/es de transporte público colectivo e taxistas, xa que o carril transita, dun xeito inexplicable, paralelo á liña do VITRASA, co evidente risco de impacto entre as bicicletas e vehículos de gran tonelaxe coma son os autobuses” incide Rubén Pérez.

Marea de Vigo esixe que as cuestións de seguridade estean sempre presentes nas actuacións que implican mobilidade e actuacións en vía pública. Do mesmo xeito, Marea de Vigo lembra que foi aprobada unha moción que reclamaba a necesidade urxente de adaptar a cidade “aos novos xeitos de mobilidade que cada día son unha realidade máis complexa e con formulacións que requiren tanto de infraestruturas coma de organización diferentes”.

O Grupo municipal xa dixera en 2017 que consideraba acertada a concreción dunha ordenanza sobre mobilidade sostible, pero que entendía que esta “tiña que artellarse dentro das liñas estratéxicas do PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE (PMUS) aprobado polo Concello de Vigo o 27 de xuño de 2014 onde se recollía coma un dos obxectivos a mellora das condicións de mobilidade peonil e ciclista”. “A decisión de que o carril bici transcorra por esta vías – prosigue Pérez – non está realmente acorde cos obxectivos marcados no PMUS e nas propostas iniciais de carrís bici, xa que, e precisamente polas dificultades de tráfico e deseño urbano que comportan rúas coma Pizarro ou Camelias, se priorizaban outras vías”.

Marea de Vigo reitera a súa petición sobre o Plan de seguridade e asegura solicitarllo ao valedor de non dispoñer do mesmo a 31 de outubro.

Documento

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.