O Grupo municipal EU SON do Porriño propoñe unhas festas sen ruido

Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O Grupo municipal EU SON do Porriño propoñe unhas festas sen ruido

Blanca María Francés Rodríguez, en representación do Grupo Municipal de EU SON DO PORRIÑO-SON EN COMÚN, e en representación de moitas porriñesas e porriñeses afectados.

EXPÓN

Cada vez son máis os concellos (Cambados, Ponteareas ou Pontevedra, entre outros, que se unen a iniciativas para facer as súas festas máis inclusivas, nas que poidan ter cabida todos os nenos e nenas, eliminando todo tipo de barreiras, tamén as sonoras, que tanto dano lles fan ás persoas con hipersensibilidade acústica (moitas persoas con TEA presentan esta hipersensibilidade), facéndolles totalmente imposible distrutar das atraccións debido ao volumen altísimo que teñen. Así mesmo, o son dos foguetes que se botan nas festas é realmente aterrador e insoportable para este tipo de persoas, o que acaban convertendo unhas festas, que en principio son para o disfrute da cidadanía, nun auténtico pesadelo. Por todo o anteriormente exposto,

SOLICITA

Que o Concello de O Porriño se una á iniciativa, á que xa se uniron outros concellos, de parar a música das atraccións nunha franxa horaria concreta (por exemplo de 19 a 21h), para que as persoas con hipersensibilidade acústica poidan disfrutar das atraccións durante este tempo, así como substituír os foguetes das festas por outro tipo de estímulo menos aterrador para estas persoas.

Deste xeito, o Concello do Porriño sumaríase a esta iniciativa de ter unas festas inclusivas para todas e todos, e á que xa se foron sumando numerosos concellos.