O grupo municipal GañaMós non se fian nin tan siquera comunicaron ao Goberno Municipal do PP que se ían reaundar as obras

Por o 16/05/2018 | Sección: Galicia,GañaMOS,Mos,Política
O grupo municipal GañaMós non se fian nin tan siquera comunicaron ao Goberno Municipal do PP que se ían reaundar as obras

GañaMós di: Non nos fiamos de que realmente se retomaran as obras. Que confianza pode haber na palabra de Fomento cando a mesma sra. Arévalo dixo en sesión plenaria que ela xa non se fiaba do que anunciaba Fomento que a ela, sendo do mesmo partido político que goberna e manda no Ministerio, fora enganada repetidas veces.

Non nos fiamos cando nin tan siquera comunicaron ao Goberno Municipal do PP que se ían reaundar as obras, según declararon eles no pleno desta semana, foron avisados por un encargado da constructora. Non hai un comunicado coa data de inicio, non hai un comunicado coa data de remate, non hai ningún informe da planificación das obras que avale ningunha data e non hai nin a máis mínima explicación ou detalle sobre o Modificado de Obra que levan máis dun ano facendo e polo que según o Ministerio estiveron paralizadas as obras.

Non nos fiamos cando a todas luces mandaron unhas máquinas á obra para facer o paripé movendo terras de aquí para alá para calar as protestas e desarticular as mobilizacións, pero sen informar ao Concello de Mos da data de remate.

Por isto solicitamos ao resto das forzas políticas que manteñas a unidade de acción para frear esta burla do Ministerio de Fomento. O Partido Popular non pode agora creerse a “pies juntillas” lo que filtra Fomento cando hai uns días os acusaba de mentir e enganar. Se agora se desmarca das mobilizacións quedará claro que estas só foron para lavar a cara da sra. Arévalo e o pobo de Mós terá que sumar este agravio á burla de Fomento, finalizan. 

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.