O Grupo Operativo de Apoio da Policía Local realiza controis de venda de alcol en Vigo a menores e advirte que as sancións poden ascender a máis de 10.000 Euros

Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Grupo Operativo de Apoio da Policía Local realiza controis de venda de alcol en Vigo a menores e advirte que as sancións poden ascender a máis de 10.000 Euros

Mediante denuncias de particulares, o Grupo Operativo de Apoio (GOA) iniciou un labor de seguimento e control sobre a venda de alcol en virtude á Lei 11/2010 do 17 de decembro.
 
O Operativo de Control consistiu na vixilancia das zonas onde se tiña constancia, mediante denuncia de particulares ou se sospeitaba o incumprimento da normativa, por parte de Unidade Policial de paisano apoiada á súa vez por Patrullas uniformadas.
 
Durante o mes de Decembro do pasado ano 2018 cursáronse un total de tres denuncias, todas elas por incumprimento do horario de venda de bebidas alcohólicas.
 
Ao longo do ano en curso realizáronse varios operativos deste tipo en función á dispoñibilidade de efectivos, detectándose outro caso no principio do ano e cursando o correspondente expediente sancionador para o efecto.
 
A pasada fin de semana e en atención a esta mesmo labor, cursáronse senllas denuncias, esta vez ao detectar a venda de alcol a menores.
 
A Unidade de apoio de paisano observou como se dispensaba o etílico a un grupo de aproximadamente unha vintena de persoas, detectando que polo menos tres dos compoñentes do grupo podían ser menores.
 
Tras pagar as bebidas solicitouse identificación aos citados comprobando que efectivamente eran menores, motivo polo que se actuou acorde ao protocolo establecido cursando senllas denuncias, unha pola venda a menores que pode ascender a máis de 10.000 Euros e outra por non recoller a terraza á hora establecida.
 
Tambien actuouse noutro local, un dos denunciados no mes de decembro que lonxe de corrixirse, continúa vendendo alcol fóra de horario, sumando outra denuncia á do pasado ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.