O Grupo Popular aclara que A Xunta abonou 1,3 millóns nas expropiacións da VAP TUI- A GUARDA e lembra que existen expedientes pendentes do xurado de expropiacións

Publicado por o día 13/11/2014 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular aclara que A Xunta abonou 1,3 millóns nas expropiacións da VAP TUI- A GUARDA e lembra que existen expedientes pendentes do xurado de expropiacións

-Rexeita a iniciativa do BNG, xa que dificilmente poderían facerse pagos sobre terreos cuxo prezo aínda está por determinar ao non chegarse a un acordo sobre o xustiprezo

-Balseiro replicou ao BNG que non se trata dunha cuestión de insuficiencia orzamentaria, porque só en 2013 tramitáronse e materializáronse máis de 28 millóns de euros en expropiacións

O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, aclarou esta mañá no Parlamento que a Xunta xa ten abonados máis de 1,3 millóns de euros polas expropiacións dos terreos necesarios para a construción da vía de altas prestacións entre Tui e A Guarda. Balseiro explicou tamén que a cantidade restante “se irá pagando en función da data de entrada do expediente nos servizos centrais da Xunta, sen esquecer que aínda moitos deles seguen en trámite pendentes da resolución que sobre o valor dos terreos estableza o Xurado de Expropiacións”.

Os deputados populares rexeitaron a iniciativa formulada polo BNG na que demandaban que a Xunta abonara todas as cantidades pendentes ás comunidades de montes de Tui, A Guarda, Tomiño e O Rosal, tras advertir que dificilmente se poderían facer pagos de todas as indemnizacións cando hai terreos cuxo valor aínda está por determinar, ao non chegarse a un acordo sobre o xustiprezo.

En todo caso, o portavoz popular desmentiu a afirmación formulada polo BNG que aseguraba que tan só se teñen abonado o 10 por cento do importe total das expropiacións e sinalou que, neste momento, xa hai pagadas máis do 40 por cento das mesmas.

AXILIZAR O PROCESO EXPROPIATORIO

José Manuel Balseiro replicou tamén o argumento empregado polo BNG e indicou que non se trata dunha cuestión de insuficiencia orzamentaria, porque só en 2013 tramitáronse e materializáronse máis de 28 millóns de euros en expropiacións.

Desde o Grupo Popular amosáronse favorables a axilizar e facer máis eficaz o procedemento expropiatorio e os seus pagos e, nesa liña, salientaron as reformas normativas impulsadas desde a Xunta para conseguir este obxectivo. Finalmente, o portavoz da área de Montes cualificou a vía de altas prestacións Tui-A Guarda como estratéxica para a comarca do Baixo Miño e lembrou que no tramo que xa está en servizo a Xunta investiu preto de 60 millóns de euros.

Sinalou tamén que “falamos dunha infraestrutura imprescindible para dar saída comercial ás empresas emprazadas nos polígonos industriais dos municipios desta comarca, xa que suporá unha mellor conexión con Portugal e potenciará a creación de novos postos de traballo, ademais de favorecer o transporte, mellorar a seguridade viaria e aumentar a calidade de vida dos cidadáns, xa que ofrece un servizo alternativo e seguro ao actual ramal da estrada A Garda-Tui (PO-552) repleta de interseccións e limitacións de velocidade.

PRENSA GRUPO POPULAR GALICIA