O Grupo Popular acorda que Miguel Santalices sexa o Presidente do Parlamento e designa a Pedro Puy como portavoz

Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular acorda que Miguel Santalices sexa o Presidente do Parlamento e designa a Pedro Puy como portavoz

O Grupo Popular vén de acordar que Miguel Santalices Vieira será o Presidente do Parlamento de Galicia e designou a Pedro Puy Fraga como portavoz do Grupo Parlamentario.

Ademais, o Grupo Popular acordou designar a Diego Calvo Pouso como vicepresidente do Parlamento de Galicia e Corina Porro Martínez como secretaria primeira da Mesa do Parlamento.

Ademais de Alberto Núñez Feijóo, como Presidente; e de Pedro Puy, como portavoz; o organigrama directivo do Grupo Parlamentario Popular completarase con tres viceportavocías: o actual secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; e as deputadas Elena Candia e Paula Prado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.