O Grupo Popular afirma que a Xunta xa ten iniciadas máis do 70% das medidas do Plan galego de atención primaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “xa ten iniciadas máis do 70 por cento das medidas incluídas no Plan galego de atención primaria 2019-2021 e ten previsto rematar a súa implantación antes de que remate o presente ano”.
Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular afirma que a Xunta xa ten iniciadas máis do 70% das medidas do Plan galego de atención primaria

Aurelio Núñez lembrou que o Consello da Xunta aprobou este Plan galego de atención primaria no mes de maio, para o que contou coa colaboración dun importante número de profesionais, de asociacións sanitarias e de cidadáns que fixeron aportacións.

OUTRAS MEDIDAS

“Ademais deste plan galego, o Goberno galego está a tomar medidas para mellorar o servizo da atención primaria, como a creación dun Consello Técnico, integrado por un máximo de 55 persoas de recoñecido prestixio, recoñecemento social e traxectoria profesional acreditada; ou un Comité de Expertos de atención primaria, dirixido polos doutores Bengoa e Varela”, apuntou.

Neste sentido, o portavoz popular reiterou que “o problema fundamental da atención primaria é a escaseza de médicos de familia e pediatras para cubrir as necesidades de substitución dos profesionais, nomeadamente nos meses de verán e outros períodos de vacacións”. “Non é un problema de recortes ou económico na atención primaria, nin afecta unicamente á Comunidade galega, por moito que a oposición se esforce en trasladar aos cidadáns que esta situación ocorre soamente en Galicia”, manifestou.

DERROGAR A TAXA DE REPOSICIÓN

Núñez Centeno volveu reiterar a necesidade de que o Goberno central “derrogue a taxa de reposición que impide a convocatoria de todas as prazas necesarias na sanidade galega” e salientou que “Galicia foi a primeira comunidade que adoptou medidas de reversión en materia de persoal, esgotando sempre as taxas de reposición e estabilización do persoal sanitario”.

Na súa intervención, concretou que o Plan de atención primaria contempla a creación de 331 novas prazas entre os anos 2019 e 2021.

Referíndose en concreto ao persoal de enfermería, Aurelio Núñez indicou que o Sergas conta na actualidade con máis de 10.500 profesionais, 700 máis dos que había en 2008. “A ratio actual en Galicia é de catro enfermeiras por cada 1.000 habitantes, superior ao 3,6 de media no Sistema Nacional de Saúde”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.