O Grupo Popular afirma que o Goberno do Estado xa non ten escusas para atopar un comprador para Alcoa e aprobar o estatuto dos consumidores electrointensivos

A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “o Goberno do Estado xa non ten escusas, quedan menos de dous meses para atopar un comprador e o estatuto dos consumidores electrointensivos é un requisito indispensable se queremos que Alcoa teña futuro en Galicia”.
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular afirma que o Goberno do Estado xa non ten escusas para atopar un comprador para Alcoa e aprobar o estatuto dos consumidores electrointensivos

“O estatuto é imprescindible se queremos que os posibles investidores presenten ofertas viables pola planta de A Coruña, imprescindible se queremos garantir a continuidade de Alcoa en San Cibrao e imprescindible se queremos manter a actividade e a carga de traballo no resto da industria electrointensiva galega”, incidiu.

 


Marta Nóvoa lembrou que na reunión celebrada onte en Madrid “non puxeron data para a aprobación do estatuto para a industria electrointensiva, e tan só anunciaron axudas por compensación de emisións indirectas de CO2, sabendo que iso non é suficiente para que se manteña Alcoa”.

 

“Coa situación actual, non existe ningunha posibilidade que invite a ser optimistas nin que Alcoa manteña todos os empregos en A Coruña, e aínda pon en cuestión o futuro desta empresa en San Cibrao e do resto da industria electrointensiva”, lamentou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.