O Grupo Popular asegura que a prolongación do Paseo Marítimo da Seara en Moaña mantén estética e funcións da estrutura actual

Publicado por o día 13/05/2015 na sección de Galicia,Partido Popular,Pontevedra

– O deputado Gonzalo Trenor concretou que a Xunta investirá neste  proxecto máis de 420.000 euros durante este ano e o seguinte.

– Esta actuación permitirá completar a senda peonil, o carril-bici, accesos para o marisqueo e a adaptación das rampas.

O deputado popular Gonzalo Trenor asegurou hoxe que o proxecto de prolongación do paseo marítimo da Seara en Moaña pon en valor, mantén a actividade e conserva as carpinterías de ribeira do paseo, mantendo as súas características Gonzalo Trenor lembrou que arredor de 8.000 persoas de Moaña asinaron unha solicitude para que se mellorara o litoral do seu municipio e completar o paseo marítimo de máis de tres quilómetros.

“Esta actuación permitirá completar a senda peonil, o carril-bici, accesos para o marisqueo e a adaptación das rampas”, concretou.

CONVENIO ENTRE XUNTA E CONCELLO

A raíz desta solicitude, a Axencia Galega de Infraestruturas, Portos de Galicia e o Concello de Moaña asinaron o 16 de setembro de 2014 un convenio de colaboración para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira. A través deste acordo, a Xunta de Galicia comprométese a financiar as obras ata un máximo de 420.141,36 euros; e o Concello de Moaña será o responsable da definición das obras e a posta á disposición dos terreos necesarios libre de cargas e gravames. As anualidades vixentes para a execución da obra abranguen os anos 2015 e 2016.

O proxecto prevé a demolición da fachada litoral e a construción doutra na nova aliñación cas mesmas características estéticas e funcionais de carpintería de ribeira. O proxecto tamén recolle a remodelación das rampas-varadoiro, adecuándoas á nova cota do paseo, de xeito que se permita a entrada e saída de embarcacións.

PRENSA GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA