Carlos Gómez salientou que o entroido de Viana do Bolo “é un dos máis importantes de Galicia, que cumpre todos os parámetros e ten todos os merecementos para ser considerado de interese turístico nacional”. Ademais, indicou que “estará incluído como ben de interese cultural ao ser un dos entroidos tradicionais de Galicia, gracias á proposición non de lei do Grupo Popular que foi aprobada o pasado ano”.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
“Se desde o Concello de Viana do Bolo dispoñen de todo o necesario, a Xunta emitirá informe positivo e tramitará o expediente para que o Goberno central declara o entroido desta localidade como de interese turístico nacional”, concretou.
Porén, o deputado popular lamentou que “a día de hoxe non se recibiu na Axencia de Turismo de Galicia documento algún ou memoria cos requisitos que ten que cumplimentar o Concello de Viana do Bolo respecto da declaración do entroido como festa de interese turístico nacional”.
En concreto, para proceder á súa tramitación, o Concello ten que remitir á Xunta unha memoria explicativa e un plan de difusión, certificando que se acadaron os impactos en prensa nacional e unha serie de accións comunicativas nas redes sociais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.