O Grupo Popular avoga por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller e afirmou que o PPdeG “sempre estará posicionado neste sentido, como o demostramos no último Pleno no que apoiamos a aprobación unánime de cinco acordos pola igualdade e contra a violencia contra a muller”.
Publicado por o día 25/11/2019 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular avoga por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por continuar desenvolvendo iniciativas para a eliminación da violencia contra a muller e afirmou que o PPdeG “sempre estará posicionado neste sentido, como o demostramos no último Pleno no que apoiamos a aprobación unánime de cinco acordos pola igualdade e contra a violencia contra a muller”.

Pedro Puy incidiu no compromiso do PPdeG “para combater calquera forma de violencia de xénero”, tanto física como psicolóxica, económica, sexual, abusos sexuais, de acoso sexual ou a trata de mulleres. Neste sentido, manifestou que “debe ser unha cuestión de Estado na que todos debemos estar implicados” e puxo de exemplo a Lei contra a violencia de xénero ou o pacto de Estado asinado ao respecto e que cómpre continuar desenvolvendo.

AMPLOS ACORDOS POR UNANIMIDADE

Neste sentido, afirmou que “o Grupo Popular estará sempre posicionado nos avances na loita contra a violencia contra as mulleres” e celebrou que no último pleno se chegara a amplos acordos votados por unanimidade: no ámbito laboral e salarial, da violencia sexual, contra a trata das mulleres para a explotación sexual, a defensa da igualdade nas competicións deportivas internacionais e no ámbito da formación afectivo-sexual.

O portavoz popular amosou tamén o apoio “ao esforzo que está a facer a Xunta” na loita contra a violencia contra as mulleres, cun incremento considerable dos orzamentos nos últimos anos destinados á igualdade e a loita contra a violencia de xénero “nun entorno no que moitas partidas non recuperaron os valores previos á crise”.

Por último, Puy referiuse á necesidade de facer fronte a este problema “recoñecéndoo e denunciándoo”, polo que animou á sociedade en xeral para que “denuncien, se poidan visibilizar os casos e cheguen as axudas necesarias”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.