O Grupo Popular considera “lamentable que os responsables do Concello de Vigo veñan a Comisión do Marisquiño como unha competición”

Alberto Pazos salientou que “no que o Concello de Vigo ocupa un lugar de privilexio é na súa total falta de colaboración co Parlamento á hora de facilitar a investigación, negando a documentación que pode ser importante para elaborar as conclusións finais”
Por o 20/02/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O Grupo Popular considera “lamentable que os responsables do Concello de Vigo veñan a Comisión do Marisquiño como unha competición”

O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos considerou “lamentable que os responsables do Concello de Vigo consideren a Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño do Parlamento como unha competición con ganadores e perdedores, cando o verdadeiramente importante é coñecer as causas que provocaron este lamentable accidente e que tivo como resultado máis de 400 feridos que merecen unha explicación”.

“No que si ocupa o Concello de Vigo un lugar de privilexio é na súa total falta de colaboración co Parlamento galego á hora de facilitar a investigación sobre o accidente, xa que, logo de que nun primeiro momento os membros do grupo de Goberno municipal se negaran a comparecer diante da Comisión, pero que

finalmente nos agraciaron coa súa presenza, están negando documentación que onte mesmo demostraron que pode ser moi relevante para elaborar as conclusións finais”, sinalou.

Ademais, Alberto Pazos referiuse ao concelleiro de Seguridade de Vigo, Carlos López Font, porque “se tivera algo de honorabilidade política debería presentar a súa dimisión de inmediato, xa que quedou demostrado na súa comparecencia que mentiu aos membros da Comisión de Investigación e a todos os cidadáns de Vigo ao exhibir unha suposta licenza municipal que non é tal e que non autorizaba para a celebración das actividades do Marisquiño”.

“Desde o Grupo Popular seguiremos traballando por coñecer a fondo as causas deste accidente co obxectivo de que se adopten as medidas oportunas para que non volva a repetirse, cuestión que o propio alcalde de Vigo deixou onte no aire ao negarse a responder se este ano volverá a autorizar un novo Festival do Marisquiño seguindo as mesmas pautas e tramitación administrativa do que se celebrou o pasado ano co protagonismo do desgraciado accidente”, manifestou o deputado popular.

Comentar noticia

Your email address will not be published.