O Grupo Popular demanda á Xunta que elabore un censo de lesionados modulares para que o seguimento da súa doenza se faga no lugar máis próximo ao seu domicilio

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia elabore un censo de lesionados medulares na Comunidade galega, así como a súa localización xeográfica.

Neste sentido, afirmou que a posta en marcha do novo Hospital Público Álvaro Cunqueiro en Vigo suporá unha reorganización de toda a referencia sanitaria no sur de Galicia, polo que demandou do Goberno galego “valorar a posibilidade de realizar o seguimento de coidado a este tipo de pacientes no lugar máis próximo ao seu domicilio”.

Con anterioridade, e acompañado do portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, mantivo un encontro con representantes deste colectivo.

PRENSA GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA

Noticias de última hora en Vigo

grupo popular vigolesionados medularespp

SIGUENOS EN TELEGRAM