O Grupo Popular incide que a Vía Ártabra é e será libre de peaxe, como todas as autovías que ten feito o Goberno de Feijóo nos últimos 10 anos

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a Vía Ártabra, como todas as autovías que ten feito o Goberno de Feijóo nos últimos dez anos, é libre de peaxe, e será o Goberno central o que terá que decidir se se cobra peaxe aos vehículos que posteriormente circulen pola     AP-9”.
Publicado por o día 13/11/2019 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular incide que a Vía Ártabra é e será libre de peaxe, como todas as autovías que ten feito o Goberno de Feijóo nos últimos 10 anos

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a Vía Ártabra, como todas as autovías que ten feito o Goberno de Feijóo nos últimos dez anos, é libre de peaxe, e será o Goberno central o que terá que decidir se se cobra peaxe aos vehículos que posteriormente circulen pola     AP-9”.

Martín Fernández considerou “imprescindible para sacar o máximo rendemento aos 70 millóns de euros de investimento que a Xunta ten realizado nos treitos da Vía Ártabra xa en funcionamento a súa conexión coa AP-9, un traballo que a Xunta xa ten en marcha cun investimento de 40 millóns de euros”.

TRAZADO DO GOBERNO BIPARTITO

“A Vía Ártabra que está a construír a Xunta, tanto os tramos que xa se atopan en funcionamento como os novos, son e serán libres de peaxe, como todas as vías de altas prestacións que ten realizado o actual Goberno galego”, afirmou o portavoz popular. Neste sentido, explicou que “a vía de peaxe é a AP-9, unha autoestrada estatal sobre a que a responsabilidade do pago da peaxe é do Ministerio de Fomento”.

Así mesmo, Fernández Prado criticou que o BNG “estea actuando coa Vía Ártabra do mesmo xeito que fixeron coa autovía da Costa da Morte, pedindo a súa paralización para privar dunha autovía libre de peaxe que mellore a mobilidade dos veciños de A Coruña”.

“Pero o máis salientable é que os nacionalistas están a cuestionar un trazado aprobado polo Goberno bipartito do que formaban parte, xa que o único que fixo o actual Goberno galego foi desenvolver un proxecto construtivo para a Vía Ártabra a partir do proxecto de trazado que aprobara o bipartito”, apuntou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.