O Grupo Popular insiste na demanda ao Goberno central para que impulse a saída sur ferroviaria de Vigo

Publicado por o día 11/11/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O Grupo Popular insiste na demanda ao Goberno central para que impulse a saída sur ferroviaria de Vigo

A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique reiterou hoxe no Pleno do Parlamento a demanda ao Goberno central para que lle dea impulso á saída sur ferroviaria de Vigo, que suporía un investimento próximo aos 600 millóns de euros para reducir un 57 por cento os tempos de percorrido con Portugal. Egerique criticou que o proxecto de orzamentos do Estado para 2021 “non reflexen partida algunha para este proxecto ferroviario, polo que avanzou que desde o PPdeG “imos seguir reivindicando a conexión rápida de Vigo coa meseta e con Portugal, porque queremos estar nas mesmas condicións competitivas”.

Teresa Egerique lamentou que “mentres o Goberno de Portugal amosou o seu compromiso co enlace con Vigo, facendo fincapé nos fondos europeos, o Goberno de España non da ningunha pista, nin tan sequera o vemos favorable a recuperar os servizos que eliminou na conexión con Portugal coa escusa da pandemia”.

TEMPOS DE VIAXE COMPETITIVOS
“Galicia precisa tempos de viaxe competitivos con Portugal, e para iso non resulta suficiente a electrificación da liña actual que se está a executar, porque queremos que se lle dea ese impulso a Alta Velocidade con Portugal”, engadiu.

A deputada popular manifestou que “estamos nun momento crucial, ante unha oportunidade única que non debemos desaproveitar para acceder aos investimentos necesarios cos fondos europeos Conectar Europa e de reconstrucción Next Generation”.

Diante desta situación, Egerique insistiu que a Xunta “manterá unha liña proactiva e leal, como xa fixo ata agora remitindo ao Ministerio no mes de xullo un estudo técnico e económico sobre a saída sur de Vigo, no que quedaba de manifesto a rendibilidade económica e social deste enlace”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.