O Grupo Parlamentario Popular solicita que o Estado atenda ás necesidades de financiamento de actuacións coma as melloras da área ro-ro do Porto de Vigo e a acometida do acceso ferroviario en particular, así como no Plan Estratéxico e Plan Director de Infraestruturas en xeral; de xeito que se permita acceder a unha igualdade de trato con ou-tras autoridades portuarias sen perder a capacidade de mellorar a competitivi-dade, con especial referencia á integración no Corredor Atlántico.
Logo do anuncio feito polo executivo de Pedro Sánchez no Consejo de Políti-ca Fiscal y Financiera de asumir a débeda financeira xerada pola Copa Amé-rica e a Formula 1 no porto de Valencia, rompendo o acordo e os equilibrios e regras de xogo vixentes ata o momento, o Grupo Parlamentario Popular rexis-trou no Parlamento galego unha iniciativa encamiñada a que a Xunta esixa do Goberno do Estado unha igualdade de trato e consideración entre as diferen-
tes autoridades portuarias galegas en relación á de Valencia, nos termos rela-tivos ao financiamento e asunción das débedas contraídas pola acometida de infraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade.
O Partido Popular de Galicia considerou o anuncio como unha afronta e dis-criminación cos galegos en xeral, e cos vigueses en particular, en relación ao trato recibido polos valencianos, polo que esixe o mesmo trato.
Por isto, a iniciativa do Grupo Parlamentario Popular insta á Xunta de Galicia a esixir ao Goberno de España a igualdade de trato e consideración entre a Autoridade Portuaria de Vigo en relación á de Valencia nos termos relativos ao financiamento e asunción das débedas contraídas pola acometida de in-fraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade.
Ademais, pide achegar unha compensación económica semellante equivalen-te ou análogos ás decisións adoptadas para o caso do porto de Valencia, e libere á Autoridade Portuaria de Vigo das cargas económicas que se xeraron e se vaian a xerar para acometer os investimentos en infraestruturas loxísticas ou portuarias da términal ro-ro de Bouzas e doutras derivadas do Plan Direc-tor de Infraestruturas.
Por último, tamén reclama que se solicite a través dos seus representantes no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo a celebración dun Consello de Administración extraordinario para que, formalmente, se dirixa a Puertos del Estado co obxectivo de establecer a vía para a liberación de dé-bedas ou compensación de investimentos do xeito que estimen oportuno xurí-dica e administrativamente.
Cómpre lembrar que durante os últimos anos, o Grupo Popular do Parlamento de Galicia ven apoiando de diversos xeitos a construción e desenvolvemento do tecido portuario galego. En Vigo, esta aposta traduciuse na construción de estruturas para o atraque de grandes cruceiros, na reforma e mellora de edifi-cacións para usos sociais, na dotación de medios coma a nova rampa e silo para automóbiles na área ro-ro do porto en Bouzas ou a proxección do acceso ferroviario a esta zona.
Noticias de última hora en Vigo