O Grupo Popular pido ao goberno central que non aplique subas de peaxes na AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento “un compromiso expreso do Goberno central de que non van aplicar novas subas extraordinarias nas peaxes da AP-9, ao tempo que poña en marcha un sistema de bonificación da peaxe para os usuarios frecuentes, de xeito que extrapole o modelo de bonificación das autopistas autonómicas ás autopistas estatais.
Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular pido ao goberno central que non aplique subas de peaxes na AP-9

Martín Fernández tamén solicitou ao Goberno de Pedro Sánchez que as novas obras que se acometan na AP-9 non sexan financiadas con cargo a novos incrementos de peaxes aos usuarios, referíndose en concreto á necesidade da contratación e execución de obras de mellora de conexión desta autopista como Alfonso Molina en A Coruña, o enlace orbital de Santiago, o nó de bombeiros en Pontevedra, medidas compensatorias en Chapela ou a integración urbana do ramal de entrada a Vigo.

BONIFICACIÓNS

Así mesmo, o portavoz popular pediu ao Goberno central que autorice a conexión da Vía Ártabra coa AP-9 e a activación, á maior brevidade posible, da liberación da peaxe entre Redondela e Vigo comprometida polo Ministerio de Fomento do Goberno do Partido Popular.

Na súa intervención, Fernández Prado subliñou que o actual Goberno galego “foi o primeiro en establecer unha bonificación para usuarios frecuentes nas autoestradas autonómicas, e recentemente incorporou bonificacións para os usuarios nocturnos”. “Pero non da por rematado o seu traballo, e xa está a estudar en novas bonificacións para os usuarios”, apuntou.

O portavoz popular lembrou que “a Xunta vén mantendo desde hai tempo unha política activa respecto da AP-9 demandando a prestación dun mellor servizo nesta autopista e solicitando a transferencia da súa explotación, xa qu a transferencia, xuridicamente viable, é conveniente para velar con máis eficacia pola calidade do servizo que reciben os cidadáns”. “Unha transferencia de titularidade que, desde logo, debe vir acompañada dos recursos necesarios para a súa xestión, algo que a Xunta defenderá no procedemento necesario para materializar o devandito cambio de titularidade”, engadiu.