A deputada do Grupo Popular Maribel Novo manifestou hoxe no Pleno do Parlamento o “compromiso constante” da Xunta co servizo de socorristas en Galicia, “coas entregas de material de rescate, colaborando e financiando a formación do persoal e a través de subvencións para a contratación destas persoas polos concellos”.
Maribel Novo lembrou que “a contratación dos socorristas non é competencia da Xunta de Galicia, senón que corresponde aos concellos, que determinan tanto o número de persoas, como o período de actividade e os salarios”.
Neste sentido, a deputada popular sinalou que o Goberno galego “xa se comprometeu a organizar unha convocatoria unificada do persoal, así como a incrementar a oferta formativa”. “Tamén é un dos obxectivos da Xunta o establecemento dunha regulación mínima para o exercicio da actividade”, sinalou, para apuntar que en Galicia “xa é obrigatorio que os socorristas teñan como mínimo o certificado de profesionalidade, recoñecido a nivel nacional e europeo, cumprindo os requisitos para traballar en calquera lugar de España”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.