O Grupo Popular solicita que se incrementen o número de prazas de axentes da Policía Nacional para atender a perda de efectivos en Galicia

Os deputados populares indican que o maltrato do Goberno de Pedro Sánchez a Galicia afecta a todas as comisarías de Galicia e a Unidade de Policía Adscrita que retrocedeu no número de efectivos a niveis do 2006
Publicado por o día 05/02/2020 na sección de Partido Popular,Política,Sindicatos,SUP Galicia

O Grupo Popular solicita que se incrementen o número de prazas de axentes da Policía Nacional para atender a perda de efectivos en Galicia

O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa na que solicita ao Goberno do Estado que se contemple, nas próximas convocatorias de prazas e concurso de méritos, a
adscrición dun número de prazas suficiente de axentes da Policía Nacional, non inferior a 256, para atender as graves carencias de persoal que sofre Galicia. Os deputados populares indican que, segundo teñen advertido recentemente representantes sindicais, Galicia vén perdendo cada ano un centenar de policías e na actualidade conta cun déficit de 640 prazas (-20%) polo que consideran que “a nosa é unha petición razoable para cubrir polo menos o 40% desas vacantes”.

Así mesmo, indican que algo semellante acontece en relación coa unidade adscrita á Xunta de Galicia que dispón de 399 axentes dos 500 contemplados, o que se traduce nunha redución do 20,2%. Ademais a plantilla se verá mermada nos próximos meses en 9 prazas, como consecuencia de varios ascensos e xubilacións e no próximo mes de xuño quedará reducira a 390 axentes, quedando a Unidade de Policía Adscrita (UPA) a 390 axentes, retrocedendo a niveis de efectivos do ano 2006 a pesar de ter hoxe máis competencias e funcións que hai 14 anos.

Nese sentido, os deputados populares solicitan que o Goberno articule un concurso de méritos que permita cubrir as vacantes na UPA para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.

Paula Prado e Jacobo Moreira reuníronse hoxe con representantes del SUP Galicia para tratar os asuntos relacionados co aumento de prazas de axentes para a Policía Nacional e para a UPA e recordaron que desde a Xunta, o vicepresidente remitiu escribiu varias veces aos responsables do Goberno para tratar estas cuestións de especial importancia para Galicia e nunca recibiu contestación.