O Grupo Socialista esixe á Xunta que garanta o servizo de Pediatría no Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal

Noa Díaz critica a política de “desatención” e “recortes”, logo de que a Consellería de Sanidade anunciase que a partir do 11 de xaneiro non haberá servizo de atención pediátrica no municipio

A deputada socialista pola provincia da Coruña, Noa Díaz, e o voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, mantiveron hoxe unha xuntanza na Pobra do Caramiñal co seu alcalde Xosé Lois Piñeiro e coa concelleira de Sanidade do municipio, Patricia Lojo, para abordar a problemática da atención pediátrica.

Díaz esixiu á Xunta que garanta a prestación do servizo de Pediatría á veciñanza da Pobra “nos seus propios puntos de asistencia e cos profesionais axeitados”, logo de que a Consellería de Sanidade anunciase que a partir do 11 de xaneiro xa non haberá servizo de atención pediátrica e “se derivarán os nenos e nenas de 0 a 3 anos aos centros de saúde de Boiro e Ribeira, mentres que os maiores de 3 serán atendidos por médicos de familia”.

A responsable socialista recalcou que isto “é claramente unha disfunción do servizo”, xa que “non son os profesionais de Atención Primaria os facultativos que deben atendelos” e “este abandono repercute de maneira global en todos os concellos, pois provoca a saturación dos centros de saúde máis próximos”, subliñou.

Nesta liña, lembrou que a veciñanza da Pobra “xa leva dous meses recibindo atención pediátrica no seu centro de saúde unicamente unhas poucas horas ao día e, fóra desa marxe, nenas e nenos son derivados a Boiro e Ribeira”

Así, incidiu en que Ribeira é “unha vila na que os profesionais xa se manifestaron contrarios a esta decisión pola imposibilidade de prestar atención pediátrica a máis doentes cos mesmos recursos”, pero, a pesares das mobilizacións “por un exceso de carga asistencial, o caso recibido pola Xunta de Galicia segue a ser nulo”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM