O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición por mor dun “pelotazo urbanistico”

Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición por mor dun “pelotazo urbanistico”

O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición, no día de onte un grupo de persoas dábanse concentración no Paseo de Alfonso para dar visibilidade do que Vigo perderá, moita poboación de Vigo descoñece tal xardín.

O colectivo Horta do Berbés comezou unha campaña co lema “Si ao Xardín do Berbés” hai xa meses. Manifestan que “o Concello de Vigo e os especuladores inmobiliarios queren destrozar o patrimonio. O pelotazo urbanístico no chamado “Barrio do Cura” destuirá para sempre un espazo verde de gran valor sociale e cultural: a Antiga Horta do Convento de San Francisco do Berbés”.

Mais de 10.000m2 de zona verde no centro de Vigo. Un espazo, que cunha pequena e económica rehabilitación, convertiríase no xardin do Casco Vello; un xardín historico, con árbores medradas, visitas á Rñia, fontes antigas, casas enxebres, terra fertil,….

Segundo o colectivo Horta do Berbes din que o centro de Vigo non precisa máis mega-construcións, ao contrario: precisamos de zonas verdes e públicas. Creamos unaha cidade amigable para os peóns, as crianzas, a xente maior, as bicicletas, os animais….

Coa Lei de Patrimonio na man non se derbería permitir que unha nova rúa converta a Oliveira de Vigo nunha rotonda, ou que novos edificios de ata 8 alturas alteren a silueta do Bebrés, e asoballen elementos ta importantes como o Convento de San Francisco, o lavadoiro de Poboadores e a fonte da Barroca.

O Casco vello non precisa 56.000 m2 de nova construción. O que precisamos é rehabilitación das antigas casas e hortas. Segundo di o colectivo non esta a informar a veciñanza de Vigo que o Concello non pon en valor xustamente o deterioro e destrucción de dous equipamentos públicos fundamentais: a Escola Infantil Santa Marta (que será destuida por completo) a Casa de Caridade-Fogar San Soxé(que perdera o patio de xogo para os menores que alí acollidos), concluen desde o colectivo Horta do Berbés.

Onte dixeron

Si á rehabilitación do Casco Vello.
Sía a conservacion do Patrimonio Cultural.
Si á senda peonil entre Torrecedeira e Poboadores.
Non máis mega-construccións no Casco Vello.
Non a destrucción da antiga Horta do Berbés.
Non máis rúas con coches no casco Vello.
Non á especulación.

O colectivo mostra como quedará a zona con estas infografías.

O proxecto do Concello para o ámbito do Barrio do Cura – Infografías da fonte https://www.facebook.com/hortadoberbes/
O Barrio do Cura tal como o coñocemos hoxe – Infografías da fonte https://www.facebook.com/hortadoberbes/

Vídeo da concentración

O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición

O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición, no día de onte un grupo de persoas dábanse concentración no Paseo de Alfonso para dar visibilidade do que Vigo perderá, moita poboación de Vigo descoñece tal xardín.Maís información na ligazón https://www.noticiasvigo.es/o-historico-xardin-do-berbes-corre-perigo-da-sua-desaparicion-por-mor-dun-pelotazo-urbanistico/Video vía Roberto Solano.

Publicada por Noticias de Vigo en Jueves, 28 de marzo de 2019

Páxina web de facebook do colectivo Horta do Berbés https://www.facebook.com/hortadoberbes/

2 Respuestas a "O histórico xardín do Berbés corre perigo da súa desaparición por mor dun “pelotazo urbanistico”"