O Hospital Meixoeiro avanza na súa modernización coa amplicación e mellora do servizo de radioterapia

O conselleiro de Sanidade visitou hoxe as novas instalacións de Oncoloxía Radioterápica e da Unidade de Mama, así como o centro de saúde de Lavadores
Publicado por o día 21/05/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

O Hospital Meixoeiro avanza na súa modernización coa amplicación e mellora do servizo de radioterapia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe o hospital Meixoeiro para coñecer as novas instalacións do servizo de Radioterapia e da Unidade de Mama. Tras esta visita, na que estivo acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio Garcia Comesaña, o conselleiro achegouse tamén ao centro de saúde de Lavadores para interesarse pola situación dos profesionais e o desenvolvemento da actividade nesta nova fase de reactivación asistencial.

O proceso de modernización no que está inmerso o Hospital do Meixoeiro experimentou un notable avance coa posta en marcha da primeira fase das instalacións renovadas de Radioterapia. Este proxecto enmárcase nunha actuación global de adaptación funcional de varias unidades, como a de Mama –xa operativa desde o mes de xaneiro- e o servizo de Medicina Nuclear, cun investimento total de 5 millóns de euros.

Novo acceso e Área de consultas e tratamentos

Nesta primeira fase xa están dispoñibles o novo acceso ao servizo, e unha nova Área de consultas e tratamentos de pacientes. Na seguinte fase vaise acometer a remodelación das áreas técnicas, administrativas e de traballo dos profesionais.

A apertura do novo acceso, con entrada directa desde o acaparcadoiro superior, constitúe unha visible mellora da funcionalidade e un significativo factor de confort para pacientes e acompañantes, que agora poden entrar comodamente nestas dependencias sen ter que percorrer os corredores do interior do hospital.

En xeral, o servizo conta con espazos máis amplos e modernos, ao incrementar a superficie das súas instalacións con 360 metros cadrados máis, que antes pertencían ao almacén do Hospital.

Ese crecemento espacial permitiu incorporar á actividade asistencial oito novas consultas, dúas amplas salas de espera para pacientes ambulatorios, unha sala de recepción de pacientes, unha sala específica para pacientes pediátricos, e dúas salas de espera para pacientes en tratamento. Ademais realizáronse intervencións en aseos e outras zonas de uso común, que achegan no seu conxunto maior amplitude e comodidade aos espazos de espera e circulación deste servizo.

Unidade de Mama, Medicina nuclear e fachadas

O proxecto de mellora do Hospital do Meixoeiro tamén incluía as obras de modernización da Unidade da Mama así como as que se están levando a cabo no Servizo de Medicina Nuclear, a piques de rematar.

Simultanea De xeito simultáneo tamén estase desenvolvendo a reforma da envolvente térmica con obras de mellora na cuberta, fachada e cerramentos, co obxecto de mellorar a eficiencia

O enerxética do edificio; controlar o consumo enerxético; e posibilitar a introdución de enerxías renovables e edificios sostibles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.