O Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima acolle unha exposición sobre transplantes organizada e promovida por ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo)

Trátase dun concurso de carteis e lemas que elaboraron distintos centros escolares relacionados coa doazón de órganos
Por o 12/10/2018 | Sección: Galicia,Salud,Sanidad,Vigo
O Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima acolle unha exposición sobre transplantes organizada e promovida por ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo)

O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo foi o gañador do concurso de carteis e lemas para escolares relacionados coa doazón de órganos e transplantes que organizou a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) e no que participaron estudantes procedentes de distintos centros académicos galegos.

Todos os carteis presentados ao certame expóñense desde hoxe no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, acreditado pola organización nacional de transplantes (ONT) desde 1998. Este centro pertence ao grupo sanitario Vithas, que conta en España con 19 hospitais e 28 centros médicos.

Segundo Celso Garcia presidente de Adrovi, accións deste tipo “poñen en valor a colaboración da comunidade educativa na promoción dos distintos tipos de doazón”.

O acto de hoxe contou coa presenza do coordinador de transplantes de Vithas, Antonio Varela, o xerente do hospital Vithas Fátima, Ciro Cabezas, dos alumnos e profesoras do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo e Celso García, presidente de ADROVI.

Despois do recoñecemento ao centro gañador, ao profesor e ao alumno que deseñou o cartel, os asistentes realizaron un seminario de reeducación postural impartido por Ana Latorre, fisioterapeuta e directora de desenvolvemento de negocio de Vithas Fisium.

O compromiso de Vithas: calidade asistencial acreditada, servizo persoal e longo prazo

Vithas é o primeiro operador sanitario de capital 100% español e o segundo a nivel nacional. Cada ano atende a máis de 5.000.000 pacientes nos seus 19 hospitais e 28 centros médicos denominados Vithas Saúde. Os 47 centros atópanse distribuídos ao longo de todo o territorio nacional e destacan os hospitais de Alacante, Almería, Benalmádena, Castelló, Selecta, Las Palmas de Gran Canaria, Lleida, Madrid, Málaga, Sevilla, Tenerife, Vigo, Valencia e Vitoria- Gasteiz. Os 28 centros Vithas Saúde atópanse en Alacante, Almuñecar, Elxe, El Ejido, Fuengirola, Selecta, A Estrada, Las Palmas de Gran Canaria, Lleida, Madrid, Málaga, Marín, Nerja, Pontevedra, Rincón de la Victoria, Sanxenxo, Sevilla, Torre do Mar, Torremolinos, Vilagarcía, e Vitoria- Gasteiz.

Vithas conta con máis de 300 puntos de extracción repartidos por toda España grazas á rede de laboratorios VithasLab e cunha central de compras propia, PlazaSalud24, que como referente no sector dá servizo a máis de 39 hospitais, 35 centros médicos e 20 clínicas dentais. Por último, Vithas mantén actualmente un acordo estratéxico en Baleares coa Rede Asistencial Juaneda que dispón de 5 hospitais e unha ampla rede de centros médicos repartidos por toda a rexión.

A aposta de Vithas por unha asistencia sanitaria de calidade acreditada e un servizo persoal vai unida ao firme apoio e visión de longo prazo dos accionistas de Vithas: Goodgrower, quen controla un 80% do capital, e grupo ‘a Caixa’, co 20% restante.

Cun modelo de crecemento que se basea na diversificación xeográfica e a sustentabilidade, Vithas prevé seguir consolidando a súa presenza nacional tanto coa apertura de novos centros como mediante adquisicións.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.