O Hotel América, novo socio de Vigo Convention Bureau

A Fundación Vigo Convention Bureau está encantada de dar a benvida ao seu novo socio, o Hotel América.
Publicado por o día 06/10/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Hotel América, novo socio de Vigo Convention Bureau

A Fundación Vigo Convention Bureau está encantada de dar a benvida ao seu novo socio, o Hotel América.

Trátase dun establecemento de catro estrelas en pleno centro de Vigo, cun excepcional emprazamento entre a zona portuaria e financeira de Vigo, concretamente na rúa Pablo Trasfogueiro. Entre os seus moitos atractivos atópase unha terraza con impresionantes vistas á Ría e ás Illas Cíes, que permitirán un tempo de relax especialmente ás persoas que viaxan á cidade por motivos de negocio ou turismo de reunións.

O hotel dispón ademais dun acolledor salón con capacidade máxima dunhas 30 persoas ideal para reunións de traballo, presentacións de produtos ou cursos de formación. Este salón distínguese pola súa funcionalidade á hora de realizar calquera tipo de evento, as súas impresionantes ventás con luz natural, aire acondicionado, wifi gratuíto e calquera medio audiovisual indispensable para as presentacións e reunións.

Ademais, os eventos poden lucir especialmente no salón con terraza situado na sétima planta. A súa coidada ambientación e o servizo profesional faille idóneo para a realización de banquetes e celebracións de tipo social e familiar.