O humorista Juan Amoedo presenta o seu novo espectáculo La máquina del tiempo en Afundación

Estará mañá venres 28 de xuño no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, e o día 29 no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 27/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

O humorista Juan Amoedo presenta o seu novo espectáculo La máquina del tiempo en Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá o novo espectáculo do humorista sevillano Juan Amoedo, La máquina del tiempo. As representacións serán mañá venres 28 de xuño, a partir das 20.30 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) e o sábado 29 de xuño, a partir das 21.00 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Neste novo espectáculo, o humorista Juan Amoedo, di que «contará o que os libros de historia ocultaron sobre algúns dos feitos máis relevantes do noso pasado e por suposto, como boa máquina do tempo, tamén viaxará ao futuro, xa que se só viaxase ao pasado o espectáculo chamaríase «la máquina del pasado», non «la máquina del tiempo».