O Ifevi acolle o Parque Infantil e Familiar de Semana Santa con actividades para todas as idades

Caballero animou esta mañá a acudir ao Ifevi entre o 28 de marzo e o 1 de abril para gozar no Parque Infantil e Familiar de Semana Santa. Tal e como se explicou en rolda de prensa, haberá actividades para todos os públicos como patinaxe, inchables ou un tren infantil.
Por o 21/03/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Ifevi acolle o Parque Infantil e Familiar de Semana Santa con actividades para todas as idades
Compartir en:

O Ifevi acollerá un parque infantil e familiar de Semana Santa con actividades para todas as idades que van desde pista de patinaxe, deslizadores, inchables, Wipe-out, tren infantil, entre outras moitas accións de ocio. Na presentación, na que estivo acompañado polo xerente do recinto feiral, Arsenio Prieto, o rexedor animou a todos os nenos e nenas de Vigo a gozar destas instalacións entre o mércores 28 de marzo e o luns, 1 de abril. O horario será de 11,00 a 14,00 h e de 16,00 ás 20,00 h.