O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas

Representantes dos mellores xestores do mundo visitarán o xoves o Círculo de Empresarios para participar no III Foro de Investimento e Finanzas Persoais, co apoio do Concello e da Deputación. Na presentación Caballero defendeu esta iniciativa porque “todos necesitamos formación para tomar decisións adecuadas”.
Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O III Foro de Investimento e Finanzas ofrecerá ferramentas para mellorar a xestión económica das persoas

O Círculo de Empresarios acolle este xoves o III Foro de Investimento e Finanzas Persoais, un evento que conta co respaldo do Concello e da Deputación de Pontevedra e que pretende “ofrecer ás cidadáns ferramentas para que poidan tomar decisións adecuadas no ámbito financeiro”, segundo destacou o alcalde.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, agradeceu que nesta terceira edición haxa unha mesa dedicada ás mulleres e a educación financeira “porque vivimos máis tempo e temos salarios e pensións máis baixas, polo que a toma de decisións sobre os nosos aforros ten aínda máis importancia”.

Entre os 24 relatores que participarán atópanse representantes dos mellores xestores do mundo, que toman decisións de investimento a nivel mundial, como Morgan Asset Management, Ey Abogados ou Schroders. A todos eles, o público poderá preguntar as súas dúbidas no foro, que é “dinámico e aberto”, segundo apuntou Diego Esquer, delegado Zona Galicia de Gesvalt.

Caterina Ruzza, presidenta do Comité de Educación Financeira da Asociación de Educadores e Planificadores Financeiros, indicou por último que este encontro “está especialmente dirixido a profesionais, empresas e administracións públicas”.