O ilusionista Martín Varela enfía arte, música e teoría teatral na Fundación Novacaixagalicia

Publicado por o día 12/12/2013 na sección de Cultura

O ilusionista Martín Varela enfía arte, música e teoría teatral na Fundación Novacaixagalicia

A0 sin banda galishow pequeño

 O ilusionista Martín Varela chega a Vigo e Pontevedra da man da Fundación Novacaixagalicia co seu espectáculo «Manifesto». As actuacións terán lugar os vindeiros días 14 e 15 de decembro en Pontevedra e Vigo, respectivamente. Na cidade do Lérez o espectáculo será albergado polo Centro Social da entidade, localizado na rúa Augusto González Besada, 2, ás 20.00 h; na cidade viguesa será o Centro Cultural da fundación, emprazado en Policarpo Sanz, 13, o que acolla a actividade ás 20.30 h. As localidades para a función están á venda nas canles habituais de comercialización de entradas da fundación galega: a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.

 Despois do seu primeiro espectáculo, «15 ilusións para unha noite», Martín Varela regresa aos escenarios cunha nova e fresca proposta, a súa función «Manifesto». Unha representación de ilusionismo que se afasta do convencional que se inspira na pintura, na teoría teatral, na danza, na música e na ausencia de maxia; un espectáculo que fará que o espectador se sitúe perante a maxia dende un punto de vista diferente. O que fai diferente esta produción é que coida ata o máis mínimo detalle, hai unha ampla variedade de efectos máxicos, todos eles de grande formato, anovadores e creados especialmente para este espectáculo. Varela ofrecerá máis de vinte números de maxia cun ritmo de vertixe que provoca unha auténtica montaña rusa de emocións: aparicións en milésimas de segundo en calquera punto do teatro, poesía visual ou sereas e animais mitolóxicos que sorprenden.

  O artista sabe manter o contacto continuo co espectador, o mantén atento e o implica coa frescura propia dun rapaz de 17 anos.