O ilustre Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra apoia as reivindicacións dos profesonais medicos da Atencion Primaria de Vigo

Por o 17/05/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
O ilustre Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra apoia as reivindicacións dos profesonais medicos da Atencion Primaria de Vigo
Compartir en:
Por acordo da Comisión Permanente, esta Institución, fai público o seu apoio ás reivindicacións profesionais e de cumprimento deontolóxico expostas polos Médicos de Atención Primaria da EOXI de Vigo, reivindicacións que unicamente perseguen o obxectivo de alcanzar a máxima excelencia na atención médica que prestan á ciudadania.
 
Por outra banda, o Colexio móstrase crítico coas afirmacións recentemente expresadas a través dos medios de comunicación pola Xerencia da EOXI de Vigo no sentido de que acceder ás demandas dos profesionais “supoñería unha limitación dos dereitos da cidadanía, a aparición de listas de espera e unha afronta contra a característica esencial de Atención Primaria, que é a súa accesibilidade”. Afirmacións que segundo o Colexio non responden o espírito da norma deontolóxica, sobre todo no referido ao Capítulo XIII referente ao traballo nas Institucións Sanitarias e ao XXII sobre responsabilidades.

Comentar noticia

Your email address will not be published.