O incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio sen causar danos persoais no Porriño

Por o 13/01/2019 | Sección: Galicia,O Porriño,Sucesos
O incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio sen causar danos persoais no Porriño
Compartir en:

O incendio no cadro de contadores obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa do Porriño.

As 22:00 horas deste venres, un dos moradores alertaba ao 112 Galicia no cuarto dos contadores. A partir de aí, os xestores do CIAE 112, de inmediato, puxeron os feitos en coñecemento do persoal de extinción de Mos e do Porriño. Do mesmo xeito, informouse da situación á Garda Civil, dos servizos sanitarios de urxencia, da Policía Local e Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora de electricidade que abastece a zona.

Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, unha vez extinguido o lume e ventilado o inmoble, os veciños regresaron as súas vivendas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.