O investigador Juan Ángel Vaquerizo desvela que hai de ficción e que de realidade nas películas

Ao fío dunha (des)coidada selección de fragmentos de películas de ciencia ficción, distinguiremos os conceptos tratados con rigor e o mero espectáculo
Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O investigador Juan Ángel Vaquerizo desvela que hai de ficción e que de realidade nas películas

Juan Ángel Vaquerizo, investigador do Centro de Astrobiología, impartirá mañá mércores ás 19:30 horas no Salón de Plenos a charla ‘Ciencia “Fricción”: algo chirría en la pantalla’ co fin de desvelar canto hai de verdade e de ficción no que contan as películas. Estas sorpréndennos continuamente con efectos especiais (e espaciais) moi rechamantes, pero son certos ou falsos? Esta charla tratará de espertar o asesor científico de películas de ciencia ficción que todos levamos dentro. Ao fío dunha (des)coidada selección de fragmentos de películas do xénero, distinguiremos os conceptos tratados con rigor e o mero espectáculo, despexaremos dúbidas e corrixiremos os erros científicos detectados. Esta actvidade, aberta ao público, encádrase en Ciudad Ciencia, proxecto ao que está adherido o Concello de Nigrán desde 2017. Así, dende hoxe e ata mañá o IES Val Miñor acolle o obradoiro ‘Buscando vida no Universo’ (que se repetirá esta tarde en sesión aberta o público).

Comentar noticia

Your email address will not be published.