O Isfas garante ao alcalde que continuará prestando o servizo en Vigo

Na delegación viguesa, Abel Caballero e o secretario xeral do Isfas, José Ramón Plaza, desprazado deste Madrid, mantiveron este mércores unha entrevista xunto ao subdelegado da sede de Gran Vía, Augusto Chereguini. O responsable do Instituto Social das Forzas Armadas garantiu ao alcalde que continuará en Vigo atendendo aos 4.000 usuarios.
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Isfas garante ao alcalde que continuará prestando o servizo en Vigo

Na delegación viguesa, Abel Caballero e o secretario xeral do Isfas, José Ramón Plaza, desprazado deste Madrid, mantiveron este mércores unha entrevista xunto ao subdelegado da sede de Gran Vía, Augusto Chereguini. O responsable do Instituto Social das Forzas Armadas garantiu ao alcalde que continuará en Vigo atendendo aos 4.000 usuarios.

O máximo responsable do Isfas en España desprazouse este mércores a Vigo desde Madrid e mantivo unha entrevista co alcalde, Abel Caballero, na delegación viguesa do Instituto. Tamén participou o subdelegado da sede da Gran Vía, Augusto Chereguini.

Logo da previsión de peche pola Subsecretaría de Defensa, o alcalde contactara por carta coa ministra o pasado 26 de febreiro e mantivo conversas telefónicas. A titular da carteira de Defensa trasladou nun escrito a súa disposición a atopar unha solución para que os usuarios puideran seguir sendo atendidos en Vigo e que, en todo caso, non haberá ningún cambio este ano.

Este mércores, unha vez celebrada a reunión, o Isfas garante ao alcalde a atención en Vigo, a falta de concretar o espazo físico, que podería ser a sede actual, a Comandancia de Mariña ou algunha oficina que o Concello facilite ao Ministerio.