O kaiak Tudense buscará en Sevilla recuperar o título nacional

Por o 15/03/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
O kaiak Tudense buscará en Sevilla recuperar o título nacional
O Kaiak Tudense Axuda Páramos buscará a próxima fin de semana recuperar a hexemonía por equipos no piragüismo nacional. O Campionato de España que se disputará en Sevilla é a primeira gran cita da tempada. O ano pasado, os tudenses non puideron continuar co refacho de doce vitorias consecutivas, xa que cederon ante o empuxe e a fortaleza do Club Piragüismo Aranxuez. Co Náutico de Sevilla tamén como principal adversario, os tudenses terán que empregarse a fondo para conseguir o seu obxectivo.
 
A competición, que se divide en dous partes, tamén supón o comezo dunha apertada axenda deportiva. Ademais do Campionato de España de Inverno, o Kaiak Tudense Axuda Páramos afrontará as dúas copas de España e o campionato de verán. Esas catro probas constitúen o programa para volver lograr a liga de Pista Hernando Quella. Ese é o outro desafío que se presenta como un obxectivo importante.
 
O Kaiak Tudense Axuda Páramos presentará varias novidades en Sevilla, como José Manuel Sánchez, que formalizou a súa relación coa entidade tudense. Ao club tudense volve Óscar Graña, despois eses varios meses de ausencia. Albert Martí, Rubén Millán, Tania Fernández, Carla Pérez, Ana Varela, Diego Piña, Roi Rodríguez e Manuel Garrido forman parte dun ampla equipo que leva varios meses de intenso traballo.
 
A planificación comezou no pasado mes de setembro e incluíu sesións de adestramento no río Miño, en Castrelo de Miño e tamén en Portugal. Varios padeeiros estiveron nunha concentración en México. Ademais dos campionatos e copas nacionais, algúns compoñentes do Kaiak Tudense afrontarán os controis selectivos para poder acudir ás regatas internacionais.
 

Comentar noticia

Your email address will not be published.