O Kaleido Universidade chegará á derradeira xornada da primeira volta tras sumar unha nova derrota

A vindeira xornada recibirá ao Getxo Artea, líder invicto da categoría
Por o 03/12/2018 | Sección: Deportes,Galicia,Vigo
O Kaleido Universidade chegará á derradeira xornada da primeira volta tras sumar unha nova derrota

O Kaleido Universidade de Vigo volveu de baleiro do seu enfrontamento ante o Uribealdea RKE ante o que caeu por 43-21. No penúltimo encontro da primeira volta da División de Honra B celebrado no campo de Mungía, o equipo vigués presentouse con moitas baixas, á que se engadiu aos cinco minutos de iniciarse o partido a de Emilio Brizuela. Nun terreo de xogo moi pesado polas chuvias caídas durante toda a semana, o Kaleido Universidade de Vigo caeu derrotado por 43-21, quedando ademais ás portas do bonus ofensivo.

Tras esta derrota, o conxunto vigués continúa a penúltima posición da clasificación, axudado polas derrotas do Durango e SilverStorm El Salvador Emerging. Na vindeira xornada, a derradeira da primeira volta da competición, o Kaleido recibirá ao Getxo Artea RT, líder invicto da categoría.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.