O Kaleido Universidade de Vigo trae a súa primeira vitoria de Durango

Suma los primeiros puntos ao gañar por 17-19 nun partido moi disputado
Por o 09/10/2018 | Sección: Deportes,Universidade de Vigo
O Kaleido Universidade de Vigo trae a súa primeira vitoria de Durango

Kaleido Universidade de Vigo RC conseguiu o obxectivo marcado e trouxo de terras vacas a buscada primeira vitoria da temporada. Foi precisamente ante o outro pechacancelas da División de Honra B, o Durango Nissan-Gaursa RT, e custou “suor, esforzo e sufrimento nun partido moi disputado ata o final, tal e como reflectiu o marcador, cun 17-19 favorable”, como explican dende o club vigués. A vitoria insufla optimismo ao equipo olívico e premia o duro traballo que vén realizando e a gran defensa amosada, permitindo soamente un ensaio no partido.

O Kaleido Universidade de Vigo RC comezou o encontro moi serio e concienciado e os locais apenas puideron sumar puntos en dous golpes de castigo transformados por Cristian Rodríguez nos minutos 13 e 19. Adiantábase o Durango por 6-0 pero os vigueses reaccionaron no minuto 25 pousando o oval en zona de marca contraria Javier Abadía, que exercía de capitán, e pasando a patada Adolfo Rodríguez. O Universidade tomaba vantaxe por 6-7 pero Cristian Rodríguez volvía poñer o Durango por diante con 9-7 e así fóronse mantendo ata o descanso, ao que se chegaba cun marcador de 14-12 favorable aos locais. De volta ao campo, os vigueses seguiron adiante mantendo o esforzo e a concentración e coa entrada de Nicolás Gómez e o debutante Bruno Franco. Pero un novo golpe de castigo pasado por Cristian Rodríguez ampliaba a vantaxe a favor do Durango. Reaccionaba Adrián Lago dando entrada ao campo a outro debutante, Eduardo Babarro e o Kaleido non lle perdía a cara ao partido, agardando paciente a súa oportunidade, que chegou mediada la segunda parte, cando anotaba Tatafu, dándolle a volta ao marcador cun 17-19 favorable aos vigueses. Entraba no campo Santiago Lemos e o equipo mantíñase firme ata o final, deixando o 17-19 como resultado definitivo, grazas a unha gran defensa e á mellora na toma de decisións nas touches. A próxima xornada, na casa, o Kaleido Universidade de Vigo recibirá ao Babyauto Zarautz RT co obxectivo de seguir sumando puntos.

Nova vitoria do equipo +35 de tenis da Uvigo

Esta fin de semana trouxo tamén unha nova vitoria do equipo de tenis de veteranos, que se impuxo 7-0 ao Mercantil de Pontevedra, nunha xornada con bastante vento o que dificultaba un bo xogo, pero que favoreceu máis ao equipo vigués que aos rivais. Con este resultado, o equipo continúa nos postos de clasificación para competir polo título e mantéñense, como veñen facendo dende o inicio da competición, no primeiro posto do grupo.

Os encontros de individuais comezaban ás 10.00 cos partidos 5,4 e 3, conseguindo xa os tres primeiros puntos. A vitoria certificouse ao gañar o número 2 por abandono do rival. Con este resultado, o Universidade de Vigo decidiu disputar os dobres nos que a parella 1 formada por Pablo León e Jorge Comesaña se impoñían os seus rivais nun encontro moi disputado no que se decidiron varios xogos co punto de ouro (not advantage) e xa no dobre 2 con Alejandro Vega e Lois A Gonzalez se remataba unha vitoria cun resultado nunca esperado polo total de 7-0.

Bos resultados do equipo de Orientación da Universidade de Vigo

Este pasado sábado disputouse tamén a 8ª proba de Carreiras de Orientación a pé no plano de A Saínza, en Rairiz de Veiga. Entre carballeiras e paisaxes idílicos, os corredores da Universidade de Vigo acadaron dous primeiros postos, un da man de Ana Iglesias en F-40 e outro de Germán Pérez en M45 e un terceiro posto conseguido por Diego Pérez en M-14.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.