O libro sobre o acoso escolar “Como axudo a Antón?” protagonista no Día da Biblioteca en Silleda

Jorge López Penas, autor da obra xunto ao seu fillo, e a Educadora Social Isabel Ponte, presentarán a obra e reescribirán a historia co público infantil na Biblioteca Daniel Castelao de Silleda
Publicado por o día 12/10/2018 na sección de Galicia

O libro sobre o acoso escolar “Como axudo a Antón?” protagonista no Día da Biblioteca en Silleda

O libro “Como axudo a Antón?  chega a biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda o vindeiro mércores día 24. A historia narrada por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 anos, será a protagonista da sesión para o público infantil coa que se conmemora o Día da Biblioteca. A cita será ás 18:00 horas.

A presentación do libro, que trata de sensibilizar ao máis novos sobre a temática do acoso escolar,  estará acompañada dunha sesión interactiva co público na que Jorge López e Isabel Rey Ponte, Educadora Social e asesora deste traballo, reescribirán cos nenos e nenas asistentes este conto animándoos a debatir sobre o bulling.

O libro, que foi autoeditado polo autor, está dirixido especialmente aos nenos e nenas de Educación Primaria.

“Con esta sesión, ademais da importancia da lectura en sí, queremos tamén concienciar ao público máis novo sobre esta problemática”, indica a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, convidando ás familias a achegarse ata a biblioteca silledense o vindeiro mércores 24.