O Local de Música no MusicLab do Pont Up Store

Publicado por o día 15/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

O Local de Música no MusicLab do Pont Up Store

O Local de Música terá unha participación moi destacada na próxima edición do Pont Up Store que se celebrará en Pontevedra do 19 ao 21 de setembro. Participará no MusicLab “Tendencias e innovacións nos escenarios. Da creación sonora á creación audiovisual en tempo real” que se reunirá do 18 ao 21 na Sala X da Facultade de Belas Artes.

Dirixido a persoas interesadas na escenografía e o futuro da industria musical, o programa é o seguinte:

MUSIC LAB: Laboratorio creativo con Roi Fernández/SRPAUSE

18-19-20 setembro. 10:00-14:00/16:00-19:00

Neste laboratorio creativo farase una inmersión en procesos de creación audiovisual en tempo real vencellados a propostas musicais e sonoras.
Traballarase na creación de propostas interactivas da man de profesionais e artistas.
Faranse equipos de traballo para a creación de prototipos que exploren a escenografía que ven.
“Roi Fernández (A Coruña, 1979) discorre nas formas transmedia de narración audiovisual, escénica, gráfica e de acción desde 2001. Licenciado en Belas Artes, posúe en máster en Dirección Cinematográfica pola City College of New York cunha bolsa Barrie de la Maza, e outro de Sistemas Interactivos pola MECAD/ ESDI de Barcelona, e interpretación en ESAD (Escola Superior de Arte dramática de Galicia) e como artista bolseiro na KHM de Colonia (Alemaña).
Expoñente da videocreación e arte de acción en Galicia, do cinema, a performance, ao vivo Cinema, motion graphics, videomapping, animación e formas polipoéticas.”

DEBATER: Tendencias e innovacións nos escenarios. Abordarase como están as  cousas na escenografía e cara onde van. Os avances, os discursos e as novidades no sector.
18 setembro. 19:00-20:30
SALA X | FAC. BELAS ARTES
Reflexión sobre o que se debera ter en conta na xestión e no deseño cultural.
• SHOWROOM: Creación dunha instalación coas propostas xeradas no LAB que se  mostrará durante o PONT-UP STORE.
20-21 setembro

Inscrición: https://forms.gle/6LYQ5MYjKXtDJ48s5
http://localdemusica.gal/nova/pont-up-store-music-lab-18-19-20-21-setembro