O lume, temática do mural do Concello no IES Valadares

Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O lume, temática do mural do Concello no IES Valadares

Abel Caballero visitou este xoves o instituto, onde a artista Iria Fafián leva adiante o mural co alumnado, que propuxo como tema os lumes do pasado mes de outubro. Esta acción forma parte das actividades que o Concello desenvolve cos colexios no marco do programa municipal “Vigo, cidade de cor”.