O luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do pavillón

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do pavillón

O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro.
O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.
O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ás instalacións, o concelleiro comprobou as melloras que se están a implementar na piscina municipal cun investimento de 30.000 euros. A maiores o concelleiro agarda iniciar de inmediato as obras de impermeabilización nos voladizos da entrada á piscina que están valorados en 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o concelleiro agarda que se poidan acometer as tarefas pendentes de lixado, pulido e barnizado que mediante tres quendas de traballo rematarían en dúas semanas. Durante eses quince días acometeriase primeiramente a pista 2 e logo a pista 1, axustando as labouras cos calendarios dos equipos de balonmán e baloncesto. O investimento para estas obras será de 48.000 €.