O luns comeza en Silleda o curso para familiares e coidadores de persoas con Alhéimer e outras demencias

O ciclo será polas tardes ata o xoves día 31, de xeito gratuito, e está incluido no Programa integral que se desenvolve a través de AFAPO
Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Silleda

O luns comeza en Silleda o curso para familiares e coidadores de persoas con Alhéimer e outras demencias

O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) continuará a vindeira semana co curso destinado a familias e coidadores de persoas que padecen esta enfermidade.

Estas sesión impartiránse na Casa da Cultura (rúa Progreso) dende o luns 28 e ata o xoves 31, en horario de 17:00 a 19:00 horas, cun total de 8 horas de formación.  O curso é totalmente gratuito e está incluído no citado programa. As persoas interesadas en participar poden ter máis información e inscribirse no Centro Social de Silleda (986 592037)

O venres día 1 ás 19:30 horas tamén na Casa da Cultura terá lugar a charla coloquio sobre esta enfermidade, dende o punto de vista asistencial e médico. Participarán o presidente de Afapo, José Manuel Fontenla e o doutor en Neurobioloxía Carlos Spuch, ademais do alcalde, Manuel Cuiña.

A seguinte actuación serán os obradoiros de estimulación cognitiva para as persoas coa enfermidade, que se desenvolverán todos os martes e xoves dende febreiro ata decembro, neste caso na Casa da Xuventude. Con esta iniciativa continúa en Silleda o programa que comezou  con éxito en 2014, para o que a aportación municipal será de 18.000 euros

Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación.