O Máis Que Auga seguirá poñendo en forma ao Iberconsa Amfiv

Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Deporte Adaptado,Deportes,Galicia,Vigo

O Máis Que Auga seguirá poñendo en forma ao Iberconsa Amfiv

As instalacións de Máis Que Auga en Navia foron o escenario elixido para escenificar a renovación do acordo de colaboración entre a empresa de centros deportivos e o Iberconsa Amfiv, que permitirá aos xogadores do conxunto vigués seguir realizando o seu traballo de ximnasio e boa parte da preparación física nunha contorna inmellorable. Coa presenza do xerente do centro de Navia, Borja Ropero, e do presidente do Iberconsa Amfiv, José Antonio Beiro, acompañado polo técnico do equipo, César Iglesias, e a práctica totalidade do persoal presentouse aos medios de comunicación o acordo de renovación e, ademais, aproveitouse o acto para realizar un “Media Day” previo ao inminente comezo da tempada na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas este sábado a partir das 18.00 horas no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas ante o BSR Ace Gran Canaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.