O Mar de Vigo acolle as actuacións de Pedro Guerra, Uxía, Mikel Erentxun e Mi Capitán

A terraza do Auditorio é o lugar elixido polo Concello para organizar estes concertos de fin de verán, a modo de epílogo das festas. As citas musicais, que serán o 29 (Pedro Guerra e Uxía) e o 31 de agosto (Mikel Erentxun) e o 7 de setembro (Mi Capitán), serán gratuítas ata completar aforo.
Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Mar de Vigo acolle as actuacións de Pedro Guerra, Uxía, Mikel Erentxun e Mi Capitán

A terraza do Auditorio é o lugar elixido polo Concello para organizar estes concertos de fin de verán, a modo de epílogo das festas. As citas musicais, que serán o 29 (Pedro Guerra e Uxía) e o 31 de agosto (Mikel Erentxun) e o 7 de setembro (Mi Capitán), serán gratuítas ata completar aforo. 

O Concello programará tres concertos a modo de un simbólico fin de verán na terraza do Auditorio Mar de Vigo nos próximos días. A primeira das citas será o 29 de agosto, con Pedro Guerra, que presentará a versión remasteurizada de Golosinas 2018 e que compartirá escenario con Uxía. O sábado 31 de agosto será a quenda de Mikel Erentxun, quen chega coa xira El último vuelo del hombre bala 2019. Por último, a música indie de MI Capitán soará no Mar de Vigo o sábado 7 de setembro. Tal e como explicou o rexedor, todas as actuacións -financiadas polo Concello a modo de epílogo das festas do verán – son gratuítas, previa retirada de invitación, ata completar aforo. As invitacións para os dous primeiros concertos poderán retirarse na billeteira do Auditorio Mar de Vigo o día 28 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O día 6 de setembro, co mesmo horario tamén na billeteira do Auditorio, para o de Mi Capitán