O MARCO inicia o seu Club de lectura o 18 de outubro

Cada terceiro venres de mes, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo amplía a actividade da súa Biblioteca-Centro de Documentación con esta iniciativa que terá a arte como eixo central.
Publicado por o día 07/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O MARCO inicia o seu Club de lectura o 18 de outubro

Con inscrición de balde e un máximo de 15-20 persoas por sesión, o Club de lectura que iniciará o MARCO o vindeiro 18 de outubro está concibido como espazo de encontro e dinamización para o intercambio de experiencias entre as persoas interesadas nas artes.

Así, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO amplía a súa actividade coa creación dun Club de Lectura en torno a obras literarias que teñan a arte como elemento argumental que se celebrará cada terceiro venres de mes dende este mes e ata maio de 2020, entre as 19:00 e as 21:00 horas.

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO proporciona información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos da cultura contemporánea. Amais, reforza a súa programación con actividades especiais como a participación en campañas de bookcrossing ou as visitas guiadas á biblioteca.

Comentar noticia

Your email address will not be published.